Monday 06 de May de 2024

A Escola Infantil Raíña Lupa de Boqueixón publica a lista definitiva de alumnado admitido para o vindeiro curso escolar


O centro educativo conta con 53 prazas, divididas en catro aulas

A Escola Infantil Municipal (EIM) Raíña Lupa de Boqueixón vén de facer pública a lista definitiva de nenos e nenas admitidos/as para abrirá o vindeiro curso escolar. Segundo explican dende o propio centro educativo, foron admitidas todas as solicitudes presentadas no prazo establecido.

A EIM Raíña Lupa conta cun total de 53 prazas divididas en catro aulas. O persoal deste centro educativo está composto por cunha directora, 4 educadoras e persoal de apoio e limpeza.

“Na actualidade, contamos con 15 prazas dispoñibles, especialmente no nivel de bebés, que confiamos en ir cubrindo nos vindeiros meses. En agosto procederase a realizar unha nova baremación coas novas solicitudes”, explica a directora deste centro educativo, Rocío Vázquez.

Establécese un prazo de 15 días hábiles dende a publicación da resolución de elevación a definitiva a lista provisional de admitidos/as para a presentación da documentación correspondente. Así, os pais e as nais dos/as nenos/as admitidos/as deberán entregar no rexistro xeral do Concello de Boqueixón, en horario de 09.00 a 14.00 horas ou ben a través da sede electrónica municipal, a seguinte documentación:

• Anexo IV de aceptación da matrícula (é obrigatorio anexar este formulario cumprimentado e asinado). O documento atópase no arquivo anexo, mais tamén se pode acceder premendo aquí.
• Copia da tarxeta sanitaria da/o menor
• Certificado médico da/o menor
• Carné de vacinación actualizado

Nos últimos 5 días hábiles do mes de agosto asinarase o contrato de prestación de servizos e aportaranse catro fotografías tamaño carné.

Se finalizado o período de formalización da matrícula, esta non fose formalizada ou entregada toda a documentación sinalada no apartado anterior decaerá o dereito á praza obtida e tampouco quedará en lista de agarda.